Autor: bracarense
domingo, 03 de octubre de 2004
Sección: Artículos generales
Información publicada por: bracarense


Mostrado 24.134 veces.


Ir a los comentarios

A VÍABILIDADE DO REINO PORTUGUÉS

No inicio do século VIII, entre 711 e 716, a península Hispánica quedaba baixo o dominio musulmán. A fraxilidade das estructuras que subsistiran á decadencia e caída do ImPerío Romano do Occidente, xunto á débil cohesión dos reinos suevo e visigótico, fixeron fácil a tarefa do Islam, no que se refire á dominación política e militar. A ruptura da vida urbana e do comercio, por outro lado, abrían camiño a un longo proceso de ruralización da Iberia. A sede da corte visigótica, en Toledo, propiciaba o fortalecemento de poderes locais, que víabilizaban o vivir cotián das xentes, a través da crecente acción de cohesión da rede paroquial. O lento proceso de romanización, con todo, incluso nas rexións menos colonizadas, deixara no curso dos séculos, marcas indelebles: na lingua, na cultura, na relixión, nos cadros administrativos, na xustiza, na fiscalidade, na rede víaria e nos hábitos e comportamentos. O dominio suevo-gótico continuou o labor da Hispania romana, que Perdurou na cultura. Á chegada dos musulmáns, case todos os hispánicos eran católicos e os centros monásticos combatían os principais focos de paganismo, sobre todo no noroeste peninsular. A Igrexa, en tanto que institución, revelávabase como o máis forte axente aglutinador, pouco tocada pola caída do ImPerío. Substituído, este, polo goberno de reis xermánicos, o control da Iberia facíase por uns cantos caudillos visigóticos aliados á aristocracia hispano-romana. Detentores de vastos latifundios tornáronse cedo nos verdadeiros protagonistas políticos, elexindo e destronando aos seus reis. A maior parte da poboación vivía do traballo rural, e continuaba a rexerse por ancestrais costumes, mentres algúns focos máis romanizados resistían. O rastro destruidor dos vándalos, e a pirataria musulmana fragmentaran, cada vez máis, a unidade dos romanos, e as sucesivas cortes toledanas revelaranse incapaces de solucionar a crecente disolución organizativa. Sucedéranse as divisións sociais, as revoltas de campesiños e a fuga de escravos. Á ambición da nobreza goda xuntábase a fraxilidade do exército e do edificio político. Sustentado, este, polo precarío sistema da monarquía electiva, abríalle portas ao nepotismo na gobernación e a un ambiente de loitas e intrigas - recórdese o caso das familias de Chindasvinto e dos Wamba, cunha disputa que xustificou a petición de axuda dos fillos de Vitiza aos musulmáns do norte de África, no ano 710. O conde Xulián, gobernador de Ceuta, despois de ter desistido de resistir aos musulmáns, converteuse nun dos seus vasalos e, segundo se cre, un dos instigadores da invasión da península.

O 19 de xullo de 711, o rei Rodrigo enfrontábase os musulmáns nas marxes do río Guadalete, onde foi derrotado e tal vez morto -a xulgar polo epitafio encontrado en Viseu, nos avances de Afonso III. No outubro do mesmo ano, despois de tomada Córdoba, Tariq entrou en Toledo e pódese constatar que a maior parte dos habitantes fuxira. Para a memoria ficou a excelencia dos tesouros toledanos, entre obxectos de ouro e pedras preciosas.

A detención do avance musulmán no sur de Francia determina que o dominio musulmán ficara confinado ao reino visigodo peninsular. Para a memoria Perpetuabase a caída deste reino, como castigo de Deus. Para a historia, era tempo da reconquista cristiá, así como como da entrada dos francos na península. Con eles, os condes D. Raimundo e D. Henrique. Con este último, os primeiros pasos que haberían de conducir á víabilidade do pequeno reino de Portucale, a par de outros, froito de sucesivas fragmentacións, despois da caída do imPerío. Tal vez a solución máis eficaz, esta, a da lenta autonomía dos poderes locais e rexionais, na xestión dunha economía de subsistencia, de Per si, limitativa de esquemas organizacionais alternativos, e lexitimadora das xefaturas locais na defesa dos seus propios territoríos.

Os inicios do reino de Portugal e as loitas nobiliares

No contexto das teses explicativas da víabilidade do reino portugués, hai moito que José Mattoso defende a formación lenta dun grupo de familias con poderes señoriais, no antigo condado portucalense, e que se opón aos antigos condes descendentes de Vímara Peres. Algo que designa por familias de infantes, desde a primeira metade do século XI: os da Maia, os de Sousa, os de Ribadouro, os de Baião e os de Bragança. Isto para citar, a penas, aqueles que a súa orixe é posible de reconstituír pola documentación conservada. Coñecidas quedan, tamén, as rivalidades coas familias dos condes: membros dos da Maia e dos de Ribadouro apoiaban a monarquía leonesa de Fernando O Magno, e seu fillo García, en tanto que os condes os hostilizaban. Feito que soporta a hipótese explicativa de que foi o rei Fernando quen recoñeceu os poderes públicos usurpados polos infantes, ignorando a autoridade condal dos señores portucalenses. En efecto, García, cando chegou a ser rei, contou co especial apoio dos de Ribadouro o que Permite entender as diverxencias dirimidas na batalla que resultou da revolta de Nuno Mendes, en Pedroso, no ano de 1071. Despois da prisión de Garcia, a fidelidade dos infantes transitou para Afonso VI, como o testemuñan os documentos. A título de exemplo recordaremos o caso de Paio Guterres como representante especial de Afonso VI, na rexión de Braga. Máis difícil, dada a ausencia de fontes documentais, revélase avaliar as relacións da aristocracia de Entre Douro e Minho co conde Raimundo. É de supor que a actuación de Raimundo se fixese en dous polos: Coimbra e Galicia, contactando pouco cos señores de Além Douro, que tanta importancia irían alcanzar na política do condado e na conducción da guerra contra os musulmáns. Todo leva a crer que Raimundo mantivo estes gobernadores nas súas terras. O seu gran auxiliar fora Crescónio, bispo de Coimbra desde 1092, e un fiel defensor do rito romano. Como recompensa, o conde Raimundo doáballe, en 1094, o padroado do rico mosteiro de S. Salvador da Vacariça. Escenarío diferente vivíase, entón, en Portucale, como se referira. Todo indica que as atancións do conde se centraran en Galicia e en Coimbra.

Externamente, Raimundo case se limitou a tomar posesión das cidades que lle foran entregadas polo rei de Badaxoz: en 1093, Lisboa, Santarém e o castelo de Sintra; depois, o mantemento de Santarém, xa que Lisboa foi logo tomada polos almorávides, que derrotaran a D. Raimundo en 1094. Sábese que concedeu foral aos cabaleiros de Santarém, en 1095 e que a xefatura dos cristáns, nesa praza, fora da responsabilidade de Soeiro Mendes da Maia, o máis poderoso dos antigos infantes de Além-Douro.

Polo actual estado da investigación, cremos poder concluír que a ineficacia ou insuficiencia de D. Raimundo como xefe militar, explicaría a chegada do conde D. Henrique. Assim, Raimundo mantería a responsabilidade dos territoríos que lle confiou Afonso VI, ata agosto de 1096, altura en que se confiou a D. Henrique o goberno dos condados de Portucale e de Coimbra. Tal vez se poida admitir que D. Henrique xa se atopase na península desde 1094, só así se comprende que Afonso VI o encargase de tan importante tarefa, non chegando o feito de ser sobriño de dona Constança, xa entón falecida, de Pertencer á máis poderosa familia da Borgoña e de ser un protexido de Cluny. O futuro demostraría, como relataba a Crónica de Sahagún, que era un excelente guerreiro.

No relativo ao problema da natureza da concesión do condado a D. Henrique, largamente debatido polos historiadores do dereito, deféndese, actualmente, a hipótese de que se trataba dunha herdanza. No tocante ao carácter feudal da concesión, no que se refire ao trato implícito de vasalaxe, se o condado era un feudo ou un señorío, ou un simple dominio, apanágio, a resposta implica, como é obvio, diferentes explicacións respecto da autoridade do conde D. Henrique. Esta podía ser Persoal e transmisible, ou delegada e precaria. Debe aquí observarse que o problema de fondo é a discusión en torno a se existiu ou non feudalismo en Portugal, un debata que afectou a varíos historiadores: o belga Charles Verlinden, que defendeu unha concesión tipicamente feudal; a Alexandre Herculano, Paulo Merêa e Torquato Soares que defenderon a concesión dun señorío, Permanente para Herculano, hereditarío para os outros. Sen querermos prolongar os debatas teóricos, podemos concluír que, no estado actual da historigrafía peninsular, a partir das informacións documentais, que tivo un carácter hereditárío a concesión, de acordo cos argumentos aducidos por Hilda Grassotti e José Mattoso.

O carácter feudal do condado de D. Henrique

Medievalistas españois, como Sánchez Albornoz e Luis Valdeavellano, defenderon o carácter feudal do condado, que é reiterado por Hilda Grassoti, que concluíu, recentemente, que estariamos diante da presencia dunha concesión beneficiaria, logo feudal, polo que o conde prestou homenaxe a Afonso VI. Caso raro na península, polo feito de ser un feudo hereditarío, o que non era estraño máis alá dos Pirineos. Isto non exclúe a cuestión formulada por Paulo Merêa, no que se refire á dúbida de se D. Henrique facía por dereito propio, ou se gobernaba como representante da súa muller, a quen Pertencía o beneficio, como defende o citado historiador. Ollando os feitos á luz dos hábitos correntes na península, e mesmo á luz da realidade francesa, todo indica que se trata suceso excepcional. O conde era borgoñés, polo que é natural que actuase segundo os costumes da súa terra, logo comportouse como un verdadeiro vasalo, en nada causando estrañeza que D. Henrique prestase consilium et auxilium a Afonso VI, mais non a Raimundo, nun territorío desmembrado con autoridades paralelas.

Como se referira, a concesión feita a D. Henrique debe interpretarse, directamente, por motivos de orde militar, sen esquecer a importancia fundamental adquirida polos señores de Entre Douro e Minho na defensa das fronteiras, pois D. Henrique necesitaba a súa axuda. Aínda, a asociación de Portucale e Coimbra con D. Henrique, e a separación respecto de Galicia, que tiña que resolver os seus propios problemas, debe verse como resultado dunha situación conxuntural, ligada á Reconquista. Os datos estructurais, que non se pretenden negar, non explica este feito en si, mais antes as consecuencias a longo termo. Despois da efímera unión de Portucale e Coimbra con García e Raimundo, ambos condados xurdían agora unidos pola mesma autoridade e é de notar as diferencias entre os dous: ata mediados do século XII non se fala dun só condado, senón da asociación de dous, na que Portucale era, a penas, o Entre Douro e Minho. Existiron exemplos do agrupamento de condados na península, que evolucionaron ben no sentido de constituírse en reinos independentes, como en Portugal, ou ben fragmentándose e orixinando novas composicións. Unha evolución inscrita na natureza das cousas: Galicia, por exemplo, a pesar de estar unida por unha lingua propia, e de ser o resultado da amalgama de varíos condados ao longo dos séculos IX e X, non se formou como reino independente. No entanto, o máis relevante para a comprender a formación de Portugal non é tanto a xuntanza de Portucale e Coimbra baixo a autoridade de D. Henrique, senón a estreita ligazón que os señores aí existentes estableran coa poboación local, así como os diversos vínculos aí creados. A evolución do condado para un reino independente, algo datable entre o verán e o outono de 1096, só foi posible dada a prexistencia de vínculos humanos, culturais, sociais, económicos e políticos no seo das comunidades.

O goberno do conde ficou marcado pola defesa de Santarém, e a resistencia ás ofensivas dos almorávidas; en recontros fóra do condado, decorrentes dos vínculos feudo-vasálicos, como a batalla de Malagón (setembro de 1100), ao lado do conde D. Raimundo. Segundo os Anais Velhos (..) tomaría o castelo de Sintra no mes de xullo de 1109 - noticia dubidosa, como se sabe. Máis certo parece ser que os almorávidas conquistáronlle esta vila ao conde, o que se explica pola súa proximidade de Lisboa. Sexa como for, os posibles reveses non retiran o valor militar de D. Henrique. O pacto co curmán Raimundo atribúelle a este a posesión de Toledo e dos seus tesouros, pois era a cidade que os almorávidas máis querían recuPerar. Debe entenderse que D.Henrique estaba ocupado, entre 1110 e 1111, nas loitas que opuñan a dona Urraca e o rei de Aragón, descoidando, naturalmente, a defensa da fronteira meridional. Á morte do conde Henrique, en 1112, seguiu unha das máis graves investidas dos almorávidas.

No plano interno, pode falarse dunha política forte. En 1096, un ou dous meses despois de asumir o goberno do condado e de contraer matrimonio con dona Tareixa, deu importante unha carta foral a Guimarães, a residencia habitual dos antigos condes, e a Constantim de Panóias, vencello comercial no Entre Douro e Minho e Trás-os-Montes. Documentos conservados revelarían unha política "moderna", segundo José Mattoso, Perspectiva que subliña a valorización de centros non señoriais, dos que dependía a prosPeridade económica de rexións máis vastas. O control de centros de actividade mercantil era necesarío para obter moeda, coa que se cubriría a actividade administrativa de seu. Paralelamente, non deixou de agraciar os membros da aristocracia portucalense, asegurando a súa fidelidade e colaboración: o terceiro diploma coñecido, a Carta de Couto ao Mosteiro de Santo Tirso, favoreceu a Soeiro Mendes, da estirpe dos Maia, e o auxilliar máis capacitado do conde que, no século XI, dirixía por conta propia diversas expedicións en terreo musulmán, na marxe sur do Douro. Entre outros presumidos protagonismos desa familia, Torquato Soares admite que a infanta dona Tareixa, aínda moi nova cando casou con D. Henrique, fora criada pola muller de Soeiro Mendes da Maia, Gontrode Moniz.

Por outro lado, esta carta de couto a Santo Tirso é o primeiro diploma que consagra oficialmente a inmunidade a un territorío, en favor dunha institución eclesiástica, despois dos coutos concedidos en favor das terras do mosteiro de Guimarães no princípio do século XI (de autenticidade dubidosa), e dos dominios portugueses da catadral de Santiago. Todo leva a concluír que se procuraba sancionar a través do réxime señorial, vía exercicio da autoridade pública sobre un territorío, substraído á administración do rei.

No plano eclesiástico, debe recordarse que o beneficiado mosteiro de santo Tirso desde cedo adoptara os usos cluniacenses, asumíndose como polo de difusión da liturxia romana. Por outro lado, beneficia un magnata que, co tempo, se haberia de opor ás reformas de S. Xeraldo, no relativo á escolla de clérigos sen intervención dos patróns, invocando a independencia do poder espiritual.

As disputas eclesiásticas entre Braga e Santiago

A orientación relixiosa do conde D. Henrique era de protección á política eclesiástica franco-romana. Ao contrárío do conde Raimundo, tentou conciliar intereses no sentido de captar a fidelidade dos baróns portucalenses, onde buscou os membros da súa curia. Política que viría a ser seguida por dona Tareixa, depois de enviuvar, e ata se asociar ao círculo da familia dos Traba. Entre outros exemplos, pode mencionarse o do mordomo Paio Soares, fillo de Soeiro Mendes da Maia; o de Nuno Pais "Vida", alferez maior, da família "Azevedo"; o de Gomes Nunes, mordomo maior, ligado aos futuros "Barbosa". Nomea un dos seus auxiliares para Toledo (o monxe Xeraldo de Moisac), traído por el da abadía cluniacense e o que vai desenvolver unha intensa actividade na diocese de Braga, na reforma eclesiástica, no sentido de eliminar os focos de resistencia anti-romana. Foi este Xeraldo que, indo dúas veces a Roma, conseguiu de Pascoal II o recoñecemento da dignidade de metropolita a Braga, e despois a enumeración das dióceses que sufragaban á súa sé: na Galicia, Astorga, Lugo, Mondoñedo, Ourense e Tui; en Portugal, O Porto, Coimbra, Lamego e Viseu. Algo que Permite falar dunha considerable victoria, respecto ao "imPerialismo" de Santiago, desde a nomeamento de Diego Xelmírez (que chegou a roubar as reliquias dos santos máis venerados en Braga) e que en 1120 conseguira, de novo, autoridade sobre as dióceses da antiga Lusitania.

Os motivos políticos, que sustentaban a separación de Portugal respecto a Galicia, non xustificaban que Braga pretendese manter autoridade sobre dióceses galegas, nin que Compostela o fixera relativamente sobre as dióceses portuguesas. Mais a tradición que facía de Braga a antiga capital da Gallaecia, e a de Mérida, sometida a Santiago, a antiga capital da Lusitania, era moi forte. Os condes portucalenses sempre instigaron aos arcebispos de Braga para tornar á metrópole de todas as dióceses portuguesas, sen para tal estar dispostos a Perder a súa autoridade sobre as galegas. Non obstante, a importancia deste problema debe relativizarse respecto ao proceso de reivindicación da independencia portuguesa.

O que complicou, de feito, as cousas foi o imPerialismo eclesiástico de Compostela que reclamaba, vía túmulo de Santiago, a dirección espiritual da península. Braga, aínda que situada no mesmo reino ata 1139, sempre rexeitou tales pretensións, xa que sería a diocese máis prexudicada. A independencia política só viría a darlle máis forza, Pero nada proba que foran razóns políticas as que opuxeran aos dous arcebispos, nin siquera que as súas actitudes fosen instigadas polo rei de León e polo conde de Portugal.

Podemos concluír, entón, nun sentido inverso ao da tradicional historíografía portuguesa, pois non foi a independencia portuguesa a que levou a Braga a combatar a Compostela; antes, a rivalidade entre esta e Santiago é a que vexo como un dos máis poderosos elementos para a explicar a emerxencia dun sentimento próximo do "nacionalista", neutralizando as proximidades culturais entre Portugal e Galicia, como o eran a lingua, a cultura, os trovadores...

Rivalidade relixiosa e independencia deben ser vistas como fenómenos diferentes, con dinámicas propias, aínda que se influenciasen mutuamente. As especificidades de Braga revélanse no apoio dos menos poderosos a S. Xeraldo, na súa reforma "gregorina", xa que entraba en choque coa aristocracia, por vía dos padroados. Xa D. Henrique, defensor acérrimo da reforma franco-romana e da difusión da orde beneditina, actuaba como moderador, no cadro das resistencias ao novo culto, non obstante as súas longas estadías fóra do condado. Estes Períodos de afastamento Permitiranlles aos baróns portucalenses o control da situación, o que se presentou como un factor preparatorío da independencia, vía organización dos poderes locais, señoriais ou concellos. Aínda no campo da súa política interna, no prenchimento dos cadros diocesanos, nomeou outro francés, Maurício Burdino, monxe de Limoges, para suceder a Crescónio na diocese de Coimbra, en 1099, que viría, despois, a suceder a S. Xeraldo, na Sé de Braga. Neste senso, é de referir, asemade, o apoio dado ao establecemento de mosteiros beneditinos, xuridicamente dependentes de Cluny, distinguindo os seus intereses fronte a dos cabaleiros francos.

Foi moi clara a política pro-cluniacense de D.Henrique: a abadía de Cluny era gobernada polo seu tío avó, S. Hugo, a quen fixo a doazón do mosteiro de Ratas, en 1100, con todas as rendas do dezmo de pan e viño das terras entre Douro e Mondego.

A pesar das prolongadas ausencias do conde, como antes referimos, non deixou de reforzar os dominios da diócese de Braga, sancionando, ao mesmo tempo, o réxime señorial dos nobres, como o das institucións eclesiásticas. Recórdese, a título de exemplo, as Cartas de Couto ao arcebispo de Braga e ao mosteiro de Tibães, un dos máis importantes. Era unha partilla de poder, tipicamente francesa, e o número de concesións só diminuirá con D. Afonso Henriques. Entre acción de repoboamento e defesa debemos referir as doazóns aos cabaleiros de Seia, os forais de Sátão, Coimbra e Soure, entre outros, a par do reforzo dos privilexios locais, encargados da defesa. Por fin, e aínda no plano interno, ao conde débeselle a victoria sobre os focos de mozárabes e da liturxia hispánica.

O reino de León e a cuestión sucesoria

Respecto a León, as cuestións xiraban arredor da sucesión do trono, na vivencia da crise do primeiro cuarto do século XII. A cuestión xerada pola posibilidade de Afonso VI de deixar o trono a un varón do seu sangue, dados os sucesivos casamentos e relacións extraconxugais sen descendentes, só veu acontecer por 1100, co nacemento do infante Sancho, fillo da moura Zaida, neta do rei mouro de Sevilla, morto polos almorávidas. Desde 1104, o emPerador considerará a Sancho o seu lexítimo herdeiro, tal vez incitado por algúns dos seus vasalos que vían con malos ollos o "partido francés", e a eventual posibilidade de que o reino fora caer nas mans de Raimundo. De aí que S. Hugo envíara á península ao delegado Dalmácio Geret, para promover un acordo entre D. Henrique e D. Raimundo, segundo Charles Bishko, contra finais de xaneiro de 1105 - o Pacto Sucessórío.

Segundo tal acordo, Henrique recoñecía a Raimundo como lexítimo herdeiro de León e Castela e Galicia, prometendo defendelo contra calquera ameaza, na súa calidade de vasalo; Raimundo prometía concederlle a D. Henrique o territorío de Toledo, coa terceira parte dos seus tesouros, ou o reino da Galicia. Só que os acontecementos precipitaron os sucesos: en marzo de 1105 nace Afonso Raimundes, fillo de Raimundo e Urraca e refórzase o partido francés e galego. En decembro de 1106, D. Afonso VI adoece e, en 1107, morre inesPeradamente D. Raimundo. No ano seguinte, o infante Sancho é morto polos almorávidas, na Batalla de Uclés e en 1109 morre Afonso VI e o abade D. Hugo. Para culminar esta cadea de acontecementos queda o casamento de dona Urraca co rei de Aragón, nos finais de 1109.

Afonso Raimundes é proclamado herdeiro, Pero a sucesión ao trono atribuíaselles aos futuros fillos de Urraca e Afonso I de Aragón. Afonso VI, prevendo as loitas que ían producirse, convocou as Cortes de Toledo (1108) e sábese que, antes de terminar, partiu delas D. Henrique "airado del rei", tal vez froito de intrigas dos partidaríos de Sancho contra un futuro adversarío de peso, como era D. Henrique. Despois, pouco se sabe da inesPerada traxectoria de D. Henrique.

Os Galegos coroaran a Afonso Raimundes como rei da Galicia e dona Urraca separouse, de novo, do marido, para se xuntar ao fillo, co apoio de D. Henrique, que faleceu en Astorga, a 24 de abril de 1112.

Ata a morte de Afonso VI o conflicto opuña dous partidos: un pro-francés e un un castelán-leonés. Despois da súa morte, unha terceira forza se deseña, encabezada por Afonso I de Aragón, que se apoiaba nos burgueses das cidades contra o dominio señorial. No decurso da historia, parece secundarío o papel das intrigas atribuído a dona Urraca e a dona Tareixa, ese papel feminino maléfico, tan típico das crónicas e Perfilado por moitos historiadores. Tampouco se pode esaxerar o papel do propio conde D. Henrique.



A desmembración do territorío e o reino de Portugal

Como se indicou, desde a segunda década do século XII asistimos á apareción de correntes rexionais: cidades que procuran libertarse da autoridade señorial; asociación de nobres para o goberno das provincias; dominio dos territoríos polos eclesiásticos; alianzas que se fan e desfan con gran facilidade e a tentativa de recuPeración de Afonso VII.

Na morea de contradiccións, favorecidas e alimentadas polos pactos feudais, deben referirse dúas forzas na Galicia: a dos nobres en torno de Pedro Froilaz de Traba, o titor de Afonso Raimundes; e a do "partido" en torno de Diego Gelmires, arcebispo de Santiago. Nun plano suPeríor, a raíña cos nobres casteláns ou leoneses que, nas súas pretensións de dominar os estados, ora se alia cos galegos de Pedro Froilaz, ora cos nobres casteláns, ora cos aragoneses, temendo ao propio fillo ou a independência da Galicia. Así, dona Tareixa vai ser presionada por dúas forzas antagónicas: a dos magnatas galegos, que pretendían reunificar a Galicia e Portugal, por un lado; e a dos baróns portucalenses, por outro. Escenarío onde se deben inscribir as tentativa dos Trabas, as intrigas de Diego Xelmírez e as alianzas dos nobres portucalenses e galegos contra Urraca e os Trabas. Non está probada a hipótese do casamento de dona Tareixa co Bermudo Peres de Traba, tal impediu o casamento despois co irmán, Fernán Peres, pois o dereito canónico prohibía, logo dunha relación ilícita, o casamento cun consanguíneo próximo da Persoa con quem houbera relacións. Bermudo Peres viría, despois, a penitenciarse xunto da Terra Santa, e a casar cunha filla de Tareixa e Henrique, Urraca Henriques. Algo duplamente incestuoso, para a Igrexa; politicamente, unha tentativa clara dos Trabas de asegurar o efectivo dominio de Afonso Raimundes, non só na Galicia senón tamén sobre Portugal, e unha tentativa de asegurar a súa propia posición. A investida dos almorávidas en 1116/1117 vén complicar a situación e ameazar o dominio dos cristáns en Coimbra.

Para o caso portugués, inTareixa referir que no inicio do 1121, xa Fernán Peres de Traba asumía relevante protagonismo na conducción dos destinos do condado, ao lado de dona Tareixa. Na mesma altura, D. Paio Mendes, un membro dos da Maia e arcebispo de Braga, proseguía a loita contra Santiago, e arrancaba do papa a autoridade sobre Viseu, Lamego e Idanha, todas da provincia de Mérida. A ligazón de dona Tareixa cos Trabas firmábase, como se referiu, tamén polo casamento de súa filla con Bermudo Peres, en 1121, contra as normas eclesiásticas. Fernán Peres, nun documento, figura como fidelis de dona Tareixa; noutro como conde, con autoridade sobre Portucale e Coimbra. Feitos que non poden explicarse por meras razóns sentimentais, na liña de Alexandre Herculano, senón algo a inserirse no contexto de oposición entre Portucale e dona Urraca, e do acordo posteríor entre as dúas irmás, a contento dos nobres galegos. Así se explica, tamén, a oposición de Diego Xelmírez ao casamento de dona Tareixa e Fernán Peres de Traba, polo temor desta nova forza. Entre alianzas feitas e desfeitas, intrigas e xogos de poder e influencia, rexístrase a dos nobres e bispos portucalenses, para obvíar a ameaza galega. Como refire José Mattoso, esta "descida" da raíña no ámbito da nobreza galega dos Trabas carrexaba consigo a "descida" da nobreza portucalense. O arcebispo de Braga é preso, e despois solto por orde do papa, en setembro de 1122. A maioría dos nobres vese afastada do goberno, ben como o arcebispo de Braga e o bispo do Porto. A partir das crónicas do século XII, os "Anais de D. Afonso" e a Cronica Gothorum, é posible admitir que, desde logo, Afonso Henriques coligouse co partido dos descontentos. En termos prácticos, o afastamento dos nobres do Entre Douro e Minho faise sentir, progresivamente, entre 1121 e 1125, cedendo o paso à revolta aberta en 1127. Momento en que o infante se terá coligado aos referidos descontentos e, como interroga José Mattoso, momento en que se armaría cabaleiro.

A revolta dos baróns portucalenses segue a unha serie de acontecementos Perturbadores: en marzo de 1126, morre dona Urraca e é coroado Afonso VII como rei de León e Castela, ao que se segue a revolta de algúns nobres galegos. Ocupado, o emPerador, na loita contra Aragón, só entre setembro/outubro de 1127 acode a Galicia, para a someter pola forza, polo feito de que a súa tía, dona Tareixa, lle recusara a vasalaxe. Dáse, entón, o cerco de Afonso VII, nun contexto de loita pola posesión da Galicia, entre Diego Xelmírez e Fernán Peres de Traba.

Os documentos estudiados por Rui de Azevedo e Almeida Fernandes Permiten supor que Afonso Henriques obtivo unha verdadeira autoridade sobre o territorío ao norte do Douro, a partir do verán de 1127, cando Afonso VII e Xelmírez ‘passeavam’ aí, os seus exércitos. Aínda antes da batalla de S. Mamede, Afonso Henriques, cando confirmara o foral a Guimarães dado polo seu pai, en abril de 1128, declaraba querer favorecer aos burgueses que con el soportaran o male e a pena. Sendo así, non só dona Tareixa e Fernán Peres resistiran ao Afonso VII, senón tamén o infante. A oposición aos invasores debe ter partido, sobre todo, dos nobres de Além-Douro, particularmente dos señores da Maia, Ribadouro e Sousa, os que tiveran o apoio de numerosos infanções da rexión do Cávado. Pola causa do infante e dos barons portucalenses estaba, tamén, Sancho Nunes de Barbosa, un fidalgo galego, así como outras familias da aristocracia miñota, como os Silvas, os Ramirões, os de Lanhoso, e os Guedões, entre outros.

Paulatinamente, dona Tareixa viuse confinada á fidelidade dos Trabas. Entre os poucos fieis portucalenses que aínda a apoiaran, como foi o caso dos señores de Baião, acabarían por abandonala, nas vésPeras do 24 de xuño de 1128. Este suceso de S. Mamede, coa victoria dos cabaleiros do Entre Douro e Minho, pechaba un ciclo na historia peninsular, e viabilizaba o futuro Portugal.




Más informacióen en: http://www.eixoatlantico.com/documentos/historia_eixo/cap


No hay imágenes relacionadas.

Comentarios

Tijera Pulsa este icono si opinas que la información está fuera de lugar, no tiene rigor o es de nulo interés.
Tu único clic no la borarrá, pero contribuirá a que la sabiduría del grupo pueda funcionar correctamente.


  1. #1 eyna 29 de abr. 2005

    ainé,justo estos dias hablaba con otros druidas de ésto '...as proximidades culturais entre Portugal e Galicia,como o eran a lingua, a cultura, os trovadores.......' Pero en la actualidad.Sustituiria os trovadores por a música.

  2. #2 consolapon 14 de ago. 2005

    Esta fué una época fundamental para la historia de Galicia, por cierto, siendo gallego creo que debemos expresarnos todos en una lengua común, aunque me encanta y habló el gallego bien.
    La figura del arzobispo Gelmirez es muy compleja y estuvo marcada por el deseo de favorecer al futuro rey alfonso VII, primero cuando las cosas iban mal para dicho Personaje (el futuro alfonso VII) luchó para crearle un reino de galicia independiente y de hecho lo coronó como tal en compostela en 1111, aunque muchos libros de historia general de españa lo olviden. Después cuando cambió la situación sólo penso en llevarlo al trono de león y conformarse con ser una especie de virrey de galicia, como así fué hasta su muerte.
    Creo que él fué sin quererlo uno de los culpables o benefactores (según se mire) de la independencia de portugal, que para nosotros los gallegos (por lo menos para bastantes) fué una desgracia politica y cultural al romPer nuestra unidad y nuestra fuerza.
    Como curiosidad os comentaré que la historia compostelana en una cita nos dice que en los momentos mas confusos Gelmirez y los Trava asignaron un tratado en el que se decia tras un encabezamiento que servirían al señor que ellos decidieran elegir, libremente. Creo que es bastante significativo.
    saludos a todos.

  3. #3 jaaalexandre 09 de jul. 2007

    Portugal, um povo de aventureiros


    As viagens dos portugueses começaram muito antes do que aquilo, que oficialmente se diz, senão vejamos o que o geógrafo árabe do século XI, escreveu:


    «[...]


    De al-Caçr a Lisboa, 2 jornadas.


    Lisboa está construída na margem setentrional do rio Tejo; é aquele sobre o qual está localizada Toledo. A sua largura depois de Lisboa é de 6 milhas, e a maré faz-se ressentir violentamente. Esta bela cidade que se estende ao longo do rio, está limitada por muralhas e protegida por um castelo. No centro da cidade há fontes de água quente tanto no inverno como no verão.


    Situada nas proximidades do Oceano, esta cidade tem à sua frente, na margem oposta, o forte de al-Ma’dan (Almada), assim designado porque o mar lança grãos de ouro na margem. Durante o inverno os habitantes da zona vão junto do forte à procura deste metal e isto dura até que acaba a estação rigorosa. É um facto curioso que nós mesmos testemunhámos.


    Foi de Lisboa que partiram os Aventureiros, aquando da sua expedição tendo como objecto de saber o que continha o Oceano e quais eram os seus limites, como já foi dito. Existe ainda em Lisboa, Perto dos banhos quentes, uma rua que se chama Rua dos Aventureiros.


    Vejamos como a coisa se passou: eles reuniram-se ao número de oito, todos parentes próximos; e depois de terem construído um navio mercante, embarcaram água e víveres em quantidade suficiente para uma navegação de vários meses. Lançaram-se ao mar ao primeiro sopro de vento de este. Depois de terem navegado durante onze dias ou cerca disso, chegaram a um mar cujas ondas compactas exalavam um odor fétido, escondiam numerosos recifes que eram difíceis de ver. Temendo o Perigo, mudaram a direcção das suas velas, correram para sul durante doze dias, e alcançaram a ilha dos Carneiros, onde numerosos rebanhos pastavam sem pastor e sem pessoa para os guardar.


    Tendo posto pé nesta ilha, encontraram uma fonte água corrente e Perto daí uma figueira selvagem. Apanharam e mataram algumas ovelhas, mas a carne era tão amarga que era impossível de comer. Só aproveitaram as peles. Navegaram ainda doze dias para sul e encontraram enfim uma ilha que parecia habitada e cultivada; aproximaram-se a fim de saber o que era; pouco tempo depois foram envolvidos por barcas, feitos prisioneiros e conduzidos a uma cidade situada no litoral. Desceram e foram conduzidos a uma casa onde viram homens de alta estatura e de cor alaranjada- avermelhada, que tinham pouca barba e mantinham os cabelos longos (não frisados), e as mulheres que eram de uma rara beleza. Durante três dias ficaram prisioneiros numa divisão desta casa. O quarto dia viram vir um homem falando uma língua árabe, que lhes Pergunta o que eles eram, porque é que tinham vindo, e qual era o seu país. Eles contaram-lhe a sua aventura; aquele dá-lhes boas esPeranças e fez-lhes saber que era um intérprete do rei. No dia seguinte foram apresentados ao rei, que lhe faz as mesmas Perguntas e ao qual eles responderam, como já tinham feito no dia anterior ao intérprete, que se tinham aventurado ao mar para saber o que poderia ter de singular e de curioso, e a fim de constatar os seus limites extremos.


    Logo que o rei os ouviu assim falar pôs-se a rir e disse ao intérprete: «Explica a esta gente que o meu pai tendo outrora prescrito a alguns dos seus escravos a embarcarem neste mar, eles Percorreram-no, em largura, durante um mês, até que, a luz (do céu) lhes faltou, eles foram obrigados a renunciar e essa vã empresa. O rei ordena depois ao intérprete de transmitir aos aventureiros uma magnanimidade da sua pessoa, de forma a que eles ficassem com uma boa opinião dele, o que foi feito. Eles voltaram então à sua prisão, e aí ficaram até que um vento de oeste se elevasse e tapando-lhe os olhos, fê-los entrar numa barca e navegaram durante algum tempo no mar. «Nós andámos», disseram eles, «cerca de três dias e três noites, e atingimos de seguida uma terra onde nos desembarcam, com as mãos atadas atrás das costas, numa praia, onde fomos abandonados. Aí ficámos até ao nascer do sol, no mais triste estado, por causa das faixas que nos aPertavam fortemente e nos incomodavam bastante; por fim, tendo ouvido ruído e vozes humanas, nós pusemo-nos a gritar. Então alguns habitantes do país vieram até nós, tendo-nos encontrado numa situação tão miserável, desataram-nos e fizeram-nos numerosas questões às quais nós respondemos pela narração da nossa aventura. Eram berberes. Um de entre eles disse-nos: «Vós sabeis qual é a distância que vos separa do vosso país?» E à nossa resposta negativa, ele acrescenta: «Entre o ponto onde vós vos encontrais e a vossa pátria há dois meses de caminho». O chefe dos aventureiros disse então: wâ asafi (interjeição de desesPero: «!»); é por isso que o nome deste lugar ainda hoje é de Asafî. É o porto de que já falámos como estando na extremidade do ocidente [...]».

  4. #4 Armuniense 12 de mar. 2008

    Amigo Bracarense....ajudame a satisfacer mi  curiosidad .


    Que fuentes usas?Me interesa pues mi tesis aboda tambien el Periodo de Alfonso VI de Leon y Castilla haciendo referencia a la reforma Cluniense,que mismo siendo de fuero interno(principalmente) tuvo,(como no puede ser menos en esta epoca medieval Dictatus Papae-1075...creo??) tuvo su importancia e influencia.


    Muy interesenate y extenso este texto.Me gustaria más referencias de fuentes que confirman estas hipotesis.


    Tengo una gran curiosidad de saber.cuales podran haber sido las causas por las  que dos sociedades atuales como Galicia y Braga(portugal) siguieron caminois tal diferentes.


    Portugal se tornó si no me equivoco el primer reino iberico cristiano que Permanece "talis qualis" hasta hoy a pesar de los va y vienes de la historia.


    Finalmente(aunque creo que deben ser varias las causas y complejas) mas no deja de ser curioso: en la época una misma lingua(diferente del castellano(romance)...catalan....aragones y vasco....andalusi.)...problemas politico economicos y religiosos semejantes...... asi mismo  Galicia fué encajada en los reinos de Castilla y Leon y Portugal,en el pasar de tiempo...creo en el siglo XIII se torna Reino Cristiano y asi es reconocidop por los otros reinos cristianos y musulmanes ibericos ademas de los reinos cristianos europeu-medievales de esta epoca ....reconocido como Reino.


    Por que Galicia no lo consiguiò? Por mis conociminetos habia y hay "nacionalismo"?que papel tubo la politica religiosa de la época?Cual fue o fueron los dos factores principales??Que tesis historicas encontramos hoy para explicar el fenomeno?


    Gracias por la respuesta

  5. #5 Cossue 12 de mar. 2008

    Primero, muy interesante el artículo de Bracarense. Os meus parabens.


    Bueno, no estoy de acuerdo con la pregunta de Armuniense. Me explico: En el mismo momento que en Portugal Teresa se hace llamar reina y prepara a su hijo Afonso Enriques para la monarquía, en Galicia se hace rey (en Santiago, 1111) a su primo Afonso Raimundes (o Alfonso Raimúndez, Alfonso VII el Empedador), hijo del conde Raimundo de Borgoña y de la reina Urraca (hija de Afonso VI). Despues de esta coronación, las fuerzas gallegas que apoyan al niño rey (notablemente los Traba y Diego Gelmires) buscarán mediante armas y negociación su reconocimiento también en León y Castilla, cosa que sí se logra. Y si bien es cierto que Afonso no está hoy enterrado hoy en Galicia, sí lo están (en la catedral de Santiago), su padre D. Raimundo, su hijo el rey Afonso IX, y su nieto el rey Fernando II. Reyes de León y Galicia, este último será el único monarca que pase nunca un instrumento en gallego (el foro do Bom Burgo de Castro Caldelas). Es decir, las fuerza nobiliarias gallegas apoyaron un candidato propio, nacido y criado en el país, cuyos descendientes fueron reyes tanto de León como de Galicia, de título y de hecho, y aquí están enterrados. Lamentablemente o no (depende de quien cuente la historia) Fernando III, el hijo de Fernando II, reune en su cabeza los reinos de León y Galicia, y Castilla y Toledo, y se inicia con él un alejamiento del norte y del occidente y un acercamiento a los asuntos del centro y sur de la península que dejará a Galicia primero en una situación Periférica, y más tarde en otra de notable abandono (durante el siglo XVII eran Periodicas las expediciones berberiscas de pillaje y toma de esclavos en la costa gallega, con miles de muertos y secuestrados. Las naves del mayor imPerio de la cristiandad, mientras, jugaban al Estratego en América). 

    Finalmente, las fronteras entre Galicia y Portugal son bastante plásticas durante varios siglos, como no podía ser de otra forma dada la identidad de la lengua, y los reyes portugueses serán reyes en diversos lugares de Galicia a lo largo de la baja edad media, a veces por conquista, otra por voluntada de los propios gallegos. Más notablemente, gran parte de Galicia renocerá rey a Fernando I de Portugal hacia 1370, situación que sólo durará unos meses salvo en Tui, Milmanda (Celanova) o A Coruña, donde la voluntad y la resistencia locales hacen que sean plazas portuguesas durante varios años.

  6. #6 Armuniense 16 de mar. 2008

    cossue...por eso admiro el historiador....como tu.


    En tu bella exposicion me muestras la lucha del reino de Galicia ciertamente con datos interesantes....Pero amigo......Portugal hoy es Pais.....Galicia ....no!  ni lo consiguio ,continuo afirmando, a no ser ancajada en Castilla y Leon .  Por qué????


    Te doy la razon que en varios documentos medievales europeus se llama a Alfonso  "Rey de galicia".... en lugar de Rex Hispaniae 


    por eso Cossue continuo con la duda.


    Gracias sin por tus informaciones.EsPero contar contigo si precisar.


     

  7. Hay 6 comentarios.
    1

Si te registras como usuario, podrás añadir comentarios a este artículo.

Volver arriba