Autor: seanport
viernes, 28 de diciembre de 2007
Sección: Denuncias
Información publicada por: seanport
Mostrado 6.463 veces.


Ir a los comentarios

O jazimento de Giabre/Giavre justifica um parque de arte rupestre

Recolhido de La Voz de Galicia de 28/12/2007:

F="http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2007/12/28/0003_6436465.htm">http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2007/12/28/0003_6436465.htm

var d = new Date(1198796400000);
"Aínda non hai moito La Voz de Galicia oFrecía aos seus lectores a vaixela porcelana de alma galega consistente en 41 pezas decoradas con petrógliFos, un dos símbolos de comunicación máis importantes da historia de Galicia.

Se a imaxe dun petrógliFo é capaz de constituírse a nivel popular nun símbolo da nosa identidade como pobo ¿como é posible que valoremos tan pouco o noso? ¿como explicar que viaxemos en low cost para visitar monumentos de todo o mundo como o Famoso círculo lítico de Stonhenge sen coñecer o que temos á porta da nosa casa? ¿por que as pinturas de Altamira nos parecen tan importantes e os nosos petrógliFos non?

Pensei na actuación Feita en Tourón (Ponte Caldelas), onde o ano pasado Foi inaugurada unha área arqueolóxica que Fomos ver con alumnos da Facultade de Historia. Primeiro visitamos o pequeno centro de recepción e despois iniciamos a rota a pé para ver os petrógliFos. Despois acabamos no bar de Tourón, onde os veciños estaban contentos porque «agora con isto dos petrógliFos vén xente de todos lados». Actuacións semellantes están a desenvolverse na área da Caeira (Poio) ou en Paredes (Campo Lameiro), onde se construirá o Centro de Interpretación da Arte Rupestre. Isto non é novo en Europa, onde hai unha longa tradición de parques arqueolóxicos de arte rupestre como o de Valcamónica, no norte de Italia, ou o de Tanum en Suecia, ou máis novos como o do Vale do Côa en Portugal.

Nas prospeccións arqueolóxicas recentemente realizadas con motivo da instalación dos aeroxeneradores pola equipa da Universidade de Santiago de Compostela, non só é que se atoparon novos petrógliFos. Os traballos veñen de revelar un dos conxuntos inéditos de arte rupestre máis importantes detectados nos últimos tempos en Galicia, e que conFirman as previsións sobre a grande potencialidade arqueolóxica do monte Xiabre e o val do Con, que xa Fora posta de maniFesto en actuacións arqueolóxicas previas. Por outra banda, o entorno deste novo conxunto é destacable dende o punto de vista paisaxístico. Así puidemos comprobalo na visita que Fixemos a última hora da tarde ao seu impresionante emprazamento dominando o mar de Arousa.

O asunto dos petrógliFos de Xiabre será tratado no contexto das nosas leis e das prioridades que establezan os que nos representan. Se trata da protección e conservación dunha maniFestación cultural extraordinariamente Fráxil, e tamén de promover a diFusión dos valores patrimoniais e a investigación. Pero tamén se trata de contribuír ao desenvolvemento local e á ordenación do territorio e de Fomentar o desenvolvemento sostible dunha área na que están postas todas as miradas nos últimos anos.

En todo caso, eu non vou dicir, como Fixera Bouza Brey, que imos poñer a esperanza só na decisión dos nosos políticos ou de especialistas na materia, porque a salvagarda do noso patrimonio cultural e paisaxístico é cousa de todos nós. Suponse que a nosa sociedade evolucionada crece e madura ao aprender dos seus erros pasados. Esta vez está nas nosas mans que non volva a repetirse a mesma historia"

Escribe aquí el segundo bloque de texto de tu artículo

Más informacióen en: http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2007/12/28/0003_6436465.htm


No hay imágenes relacionadas.

Comentarios

Tijera Pulsa este icono si opinas que la información está fuera de lugar, no tiene rigor o es de nulo interés.
Tu único clic no la borarrá, pero contribuirá a que la sabiduría del grupo pueda funcionar correctamente.


    No hay más información.
    ...0

Si te registras como usuario, podrás añadir comentarios a este artículo.

Volver arriba