Autor: Anfus
sábado, 01 de diciembre de 2007
Sección: Artículos básicos para iniciarse
Información publicada por: Anfus
Mostrado 14.794 veces.


Ir a los comentarios

Breogán, Fundador de Brigantia


Tras a nova do Leabhar Ghabhala de que Breogán fundara Brigantia agóchase o relato mítico da orixe das brigas.

Breogán, fundador de Brigantia, personificación da Briga guerreira i espalladora de coñecemento.

 


Breogán, Fundador de Brigantia.


1. O Rei do Océano.


Nas lendas medieváis as augas do Océano precipitábanse candia o ren, nun abismo eterno alén do mundo, morada das primordiáis deidades que, dende a abismal perfundidade do inmenso Océano que fainos insignificantes, amosan a sua inconmensurable forza de escuro poder, de misterioso, segredo, sacro orixe numinoso do que emana certo coñecemento esotérico. O mortal ser humano, conscente da sua insignificante condición ante o meirande numen, nen ousa en dirixirse directamente a istes escuros deuses de poderosas forzas segredas e misteriosas, precisará dun intermediario.


As aras que érguesenlle a Bero Breo no santuario de Donón o fan fora da sua ollada, amosando a humildade do devoto ante o inmenso poder numinoso do que emana un coñecemento escuro, oculto e reservado ao que, só en parte, tense acceso unicamente mediante a intermediación dun coñecemento exotérico parello que desvela o feito esotérico como revelazón divina, actúando a xeito de ponte (bridge en inglés) entre a devanceira deidade primixenia Breogán, "Pai" mesmo dos brigantinos, bregantes, (fato de tribus de gran alcance cunha raíña, Cartimandua, que combateu con éxito a domeazón romana varios anos. A deusa antepasado dos Brigantes aparez como figura de forteza. En épocas moderna, ista figura foi adaptada pra convertirse en Britannia, o símbolo do imperio británico), seica bracarenses, brigaecinos..., e o ser humano.
Bridge (ponte) partilla raíz con briga, parellamente, os pontífices relixiosos adobian os "pontes" entre o noso mundo e o Outro, actúando como mediadores entre o numen, o sacro, e nos, os mortáis humanos.
 
Xa pra Menéndez Pidal ista voz "briga" tería máis que ver cun significado de "fundación" máis que de "cidade". Moitas dista brigas son centro de antigas bisbarras meigo-relixiosas orredor das que se atopan craros indicios de ter sido aquílas núcleos de espallamento cultural e relixioso. A voz Briga, formando parte de tantos topónimos, fai referencia ao orixe relixioso dos castros, como faino en cidades inglesas como Cambridge, conservadora inda hoxe, mesmo mediante a sua universidade, dunha elevada tradición cultural. 
 
Tras a nova do Leabhar Ghabhala de que Breogán fundara Brigantia agóchase o relato mítico da orixe das brigas. Breogán foi o pormeiro en adobiar un posto onde pasar a noite, a sua Briga do Alén, refrictida, proxectada niste mundo do "aquén" como briga que, có seu Faro de Brigantia (de luz do lume da fertilidade e a sabedoría da terra e do sol), encoméndase á deusa guerreira, protectora da tribu i espalladora de coñecemento. De Brigantia fundazonalmente toma o nome a pormeira briga á que imitarán as demáis en cultivar, culturizar e, na sua función guerreira, defender o entorno.


Breogán,deus dos mares, fundou na costa Brigantia. Como o son Cailleach/ Calaicia e Danann/ Donón, Brigantia ven sendo a mesma deusa Terra nai que, como deusa da Montaña (terra ensalzada na altitude), atopa a sua máxima expresión simbólica sendo Briga Guerreira de Sabedoría. O nome de Brigantia, tamén chamada na Céltica Atlántica Breo Saighead ou Bréothigernd ten raíz que, aludindo "altura", aparez a miudo aplicado a cuíñas e montañas. Brigantia é "a que érguese no outo, a que é exaltada"; en conexión cá antiga verba Indoeuropea, Bhrghnti, en sánscrito, bhrati, o brihati: "A Exaltada". Nas lingoas celtas o térmo briga ten un significado moito máis polisémico e amplo que o de "altura". O término gaélico escocés brigh, o irlandés brí e o da Illa de Man bree, teñen significados entre "forza, poder, esencia vigorizante", brío"... cando non "cuiña"; nas linguas bretonas bre significa "cuiña", bri ten o senso de "fama, respeto, valor".


Brigantia, deusa do lume, a sabedoría, a fertilidade..., que ven sendo a mesma Dana, relembrada como Donón no seu Facho, condensará o coñecemento esotérico do Pai pra trocalo exotérico e alumear así a mente dos brigantinos. Brigantia otorga o coñecemento aos homes pra que obren brigas dende as que espallar os designios do, onde quer xigante, pai Breogán, "o da Briga", rei do inmenso mar onde acharán morada os mortos.


Denantes das estilizadas máis modernas aras de Donón, xa como pretendendo establecer algún vencello cas deidades alleas e hostiles do abismal e inmenso Océano, o Megalitismo desenvolupouse tan místicamente na nosa cornisa atlántica, de profuso xeito. No inmenso mar de inconmensurabeis forzas, que mesmo poden ser utilizadas polos mortos e o rei dos mesmos, mora Breoghain, Bregón, Breoghan, Breogán, Brea, Breas, Bero Breo..., nunha máxica illa identificada cas Illas Atlánticas por iso chamadas na Antiguidade Illas Afortunadas ou dos Deuses.


Breogán, pai entre outros, no Leabhar Ghabhala, de Bile (Balar), deus da tormenta, a morte , a guerra...; e de Ith (tamén chamado Lughaid como o seu fillo) que, ca sua ollada crara, personifica a sabedoría, o coñecemento. Sabedoría e coñecemento, e máis lume e guerra, que tamén son condensadas en Brigantia nas suas funcions. Breogán é o Patrono da Civilizazón das brigas atlántico indoeuropeias que ten o seu orixe no núcleo dende o que se espalla: o noroeste ibero. Breogán é un deus escuro, seica tamén relembrado no dito "Voto / Xuro a Bríos!", cuio inmenso poder albiscamos dexergar como tentou cristianizar a igrexa.


Nun santo como Brendan, tamén chamado Barandán ou Borondón, conflúen características co vencellan ao mesmo Breogán. Brendan domea espritos maléficos e demos, có seu siniño os cisca. Tense de suliñar o afán do santo que o leva a descrober entre as axitadas augas e impetúosas correntes oceánicas as marabelosas illas de eternas dozosas ledicias, as míticas illas paradisiacas, illas dos Deuses, Afortunadas, etc. No seu perigoso viaxe polo tebroso mar as escuras forzas do Océano afástanse cando chega á Casa de Prata, á Illa dos Páxaros, ao mosteiro de s. Albano, ou cando combate monstros mariños ou ao xigante Milduth. O mesmo Océano garda extraordinarios segredos como a Igrexa de Vidro que érguese entre as ondas, peixes que non extinguen por máis que sexan comidos, ou o albiscamento, dende os lindes do mundo, do Inferno donde xurde o Deus das perfundidaes envolto en labaradas e fume, pra voltarse afundir no abismo ante a invocación do santo. Os demos do Océano persíguen ao intruso gindándolle enormes rochas ardentes mentres ferve e desfaise en lapas o mar, érguense montañas de lume onde esvaense outras, abafa un cheiro fedorento... Inda dende lonxe óllanse as pilas de preto fume que ascén ao ceo dende a Terra do Lume, dende a que, levados polas ondas, achéganse os berridos e oubeos dos demos.


O relato dos viaxes de S. Brendan amosa a pervivenza do sacro e titánico concepto numinoso emanado do Océano malia os esforzos do ser humano por controlar as forzas do iñorado, aquilo que é segredo, reservado únicamente ao iniciado quen de ollar alén do mysterium fascinans profanamente amosado.


2. Fundador de Brigantia.


Cando o Elevado, Altísimo, Ensalzado, Outo Bero (*u-pero) retírase, tras o seu periplo astral, có solpor, a descansar, faino á Briga da sua paradisiaca Illa do Outro Mundo, se do Inframundo do que rexurdirá con renovados folgos e azos no mencer vindeiro.


Breogán fundou Brigantia. Así como o pormeiro machado axéitase a imaxe da pedra do raio que forma o lóstrego de numinoso orixe, Brigantia e, tras dela, outras brigas que a imitan, constrúese no coñecemento que recolle a deusa do Pai Breogán, pormeiro en adobiar un posto onde pasar a noite, a sua Briga, torre / toir no L.G., unha torre escura, esotérica, a cuia semellanza e complementándola érguese o Faro de Brigantia, Facho de Donón, torre que, pola contra, deita a luz da sabedoría a xeito de torre exotérica.


Breogán funda Brigantia. Breogán, en canto deus-primordial, necesita unha materia sacra sobor a que traballar que, ao contacto ca masculinidade sagra, dé un froito tamén sacro. Os dous aspectos, masculino e feminino, compleméntanse constantemente na historia e desenrolo de todo fenómeno relixioso e cultural. Sexa cal sexa o sentimento do divino que acade o ser humano terá de sentilo dende a sua dobre fasquía masculino-pensante e feminino-creadora. O feminino e masculino divinizados compleméntanse sempre nas primixenias deidades creadoras, demiurgas.


Breogán ten "a sua parte feminina": Brigantia, que ven sendo a sua patentizazón, o sagro resultado da sua obra. Brigantia é a conductora e realizadora das ensinanzas de Breogán, a sua mensaxeira, o contacto entre o inmenso Breogán e os seres humanos, como mediadora e patrona dos seus saberes. Si Breogán é ar e lume, Brigantia terra e auga, materia traballada e divinizada.


E así como no L. G. Breogán fundou Brigantia, pormeira Briga á que deben o composto as demáis, Brea, fillo de Senboth o Vello e xenro de Partholón, e fillo de Breogán nourtra banda, foi o pormeiro en construir unha vivenda en Erinn, ademáis do pormeiro anfitrión.... Tamén Bress posúe brigas, "fortes" que Balar (desdoblamento do mesmo Bress) constrúe tal como Poseidón, rei dos mares que persigue ao deus solar Odiseo, obra os muros de Troia, a cidade inimiga (Poseidón, na Iliada, é albañil ao servicio do príncipe de Troia).Bres, Bress, Brea, Breg, Breas, Breogán, Bero Breo..., non veñen senon sendo unha mesma deiade superior. ¿E como é que aparez Brea construindo a pormeira vivenda en Erinn, a carón de Bress-Balar (escura deidade primixenia) que constrúe fortes domentres na Galiza Breogán funda Brigantia?.
 


 
2.1. Os Fillos do Sol.


 Na época final da derradeira glaciación, o Würm, mentres á meseta hispana, á Cordilleira Cantábrica, ós Pirineos, etc. crobíanos o xeo, na Galiza formouse un refuxio glaciar prá poboación europea. Como hoxe a Corrente do Golfo amornece as augas dos máis septentrionais fiordos noruegueses deixandoos libres do xeo, no curruncho noroccidental da Iberia, as costas galaicas e do norde de Portugal permitiron atopar un pequeno paradiso climático, e grandes recursos na pesca e nas rías pra unha poboación europea de cazadores recolectores.
 
Niste refuxio de Occidente, os "abós dos celtas", atoparon o seu Paradiso, a terra prometida ao final do Camiño sinalado polos astros.
 
No Mesolítico a Corrente do Golfo comenzou a ascer e os xeos foronse derretindo devagar cubríndose de fresca herba a verde Erín. Entón a poboación que levaba xa miles de anos vivindo na Galiza, na fachada atlántica do suroeste de Europa, empezou a poboar a illa.


Os indicios da práctica da agricultura e outras mostras de neolitizazón como cerámicas e utensilios que aparecen no litoral galego denantes de xurdir o Megalitismo, constitúen hoxe os núcleos isolados ao principio dende onde espallaríase  o coñecemento que implicaría o proceso de Neolitizazón candia as bisbarras circundantes e orientais, e cara as Illas Británicas, primeiro Irlanda, logo Grande Bretaña, e dempóis o continente, as Galias.


Alguns dos coñecementos que implican a neolitización como o da agricultura puderon desenrolarlos mesmamente os cazadoes-recolectores, lles abondaría, tras o proceso de trocos climáticos, vexetacionáis, ambientáis que se suceden có recúar  da Würmiense e xa có bosque caducifolio atlántico-occidental desenvolupado, observar como medran as sementes e teimar logo imitar o proceso. Durante moito tempo barruntouse que o proceso de neolitización arribara ao N.O. cas xentes que viron ao Noroccidente ibero a desenvolupar á sua vez o Megalitismo, alá por o 4.000 a.C. . Hoxe as probas de carbono 14 datan restroballos dunha práctica da agricultura cando menos 1.000 anos devanceira ao Megalitismo. Coñecementos que implicarían un proceso de Neolitización máis pleno (cerámicas, tecidos, tecnoloxía lítica, estructuras sociáis máis complexas, etc.) arribarían por mar seguindo o litoral dende a Europa Atlántica á que chegaron cas xentes que viñan fuxindo da Glaciación da Europa Oriental, máis central e do Norde que do Mediterráneo, onde as condicións de vida non eran tan extremas por o friaxe.


Aqueles devanceiros galegos, chegados do continente europeu polo litoral atlántico ás costas da Galiza, os outros "abós dos celtas" seguindo o camiño dó que  procuran vitalmente sol (verba que etimolóxicamente significa nas lingoas indoeuropeas "sul"), fornecerían a lenda da illa dos mortos, onde veñen e van as ánimas dos defuntos, representadas polos homes-mariño. Tamén crearon un imaxinario melusino, lendas de parentelas con divindades do mar e con sereas, das que descenden liñaxes galegos como os dos Mariño, e as crenzas vencelladas á idea cristiana dos pescadores de almas. Os home-mariños son os mortos, os antepasados chegados polo mar das Illas de Breogán que, como devanceiro antergo, asómase na sua invisibel torre de vidro ergueita nas illas atlánticas pra darlles a benvida cos brazos abertos aos defuntos que van a visitalo.
 
Como primixenio devanceiro pai da estirpe celto-galaica e abó da celto-atlántica, Breogán ocupa o seu posto na torre-forteza da Illa dos Mortos e Deuses. O deus Breogán débelle o seu epíteto ao tema *brhg do que tamén toma o nome a deidade Brigantia e as moitas brigas espalladas por toda a Céltica de Europa insular e continental. Breogán é o Pai da estirpe celto-atlántico-galaica.
 
O tema *brhg no indoeuropeo é polisémico e implica, ademáis de altura e forteza, aspectos e cualidades tamén de poder, vigor...  vencellados todos eles á sabedoría, o coñecemento, cualidades e aspectos divinizados en Breogán o mesmo que en Brigantia, con cuio nacemento ergueuse unha gran torre de lume que chegou ao ceo.
 
A torre que ollamos asociarse a Brigantia é unha torre de luz e sabedoría, de vida; pola contra a torre de Breogán é a da escura Illa dos Mortos, a torre de Breogán é a do pai do deus da treboada e abó do Destructor do pais dos mortos. Ista deidade desdoblada, no seu vencello ao tema *brhg, emana altura, forteza, poder, vigor, coñecemento,sabedoría, etc. divinos.
 
Isas mesmas cualidades e aspectos son os que impártense dende as brigas da Atlántica indoeuropea antiga. Dende istes núcleos cultívase e adminístrase o terreo derredor, "aculturízase ou sincretízase", por así decilo.
 
No camiño que discorre baixo a direción das deidades astrales, do sol e a via láctea, camiño de ancestral sabedoría, érguense as fundacións -briga que lembran a función de Brigantia como espalladora de coñecemento. As brigas son "Faros de Brigantia" que ca sua sabedoría alumean o entorno derredor, espalladas pola Atlántica indoeuropea conectan as redes de camiños candia e dende o  occidente onde as, a cuia semellanza constrúense as demáis, ancestráis Bragança, Brigantium, Braga,..., foran erguidas polos homes-mariño chegados do mar dende a Illa da Torre de Breogán pra espallar o seus superiores coñecementos e fundamentos que, conxugados e sincretizados cos nativos, crean un corpus mítico de crenzas con carácter, á sua vez, propio.
 
As Illas dos Deuses (I. Atlánticas) son as de Breogán, primixenio devanceiro ancestral antergo, pai dos humanos e dos outros deuses como Lug e Balar. Brigantia mesmo é unha versión, un desdoblamento, feminino do mesmo Breogán. As -brigas de Hispania érguense en relembranza de Breogán e o seu desdoblamento, Brigantia, feminino có que  os deuses compleméntanse (Lug-Lusina, Danann-Don), tornándose o carácter da deidade (entidade que mesmo está alá de toda sexualidade cando non contén as duas) moi distinto dependendo de si otórgaselle entidade masculina ou feminina: Danu, Danann, como guía o é de sabedoría, máis Donn é guía guerreiro e, na mitoloxía helena, cando a illa  do rei Cronos, deus dos mortos, trócase en Ogigia, habitada por Calipso,  varía moito o seu carácter.


3. A Gran Civilizazón Celto-Atlántica-Galaica.


O ancestral Camiño xa percorrido polos fillos do Sol, abós dos celtas, perpetuouse sacralizado no tempo, estora helenizado como "Heracleo", arestora cristianizado como "de Santiago", etc., íste camiño e roita é un eixo basilar orredor do que confórmase a unidade europea. Por íl navegaron e camiñaron os deuses célticos que teñen o seu orixe e destino nas illas atlánticas chamadas daquila Illas dos Deuses ou Afortunadas.
 
Dende o seu facho, Donon alumea ca luz da vida e o coñecemento a escuridade das illas dos Cegos, das Ánimas, da torre de Breogán. No seu santuario consérvase a garita construída sobor a vella torre-faro romana que, á sua vez, érguese sobor a antiga torre-faro celto-galaica. Unha torre que, a isa altura non precisaría de gran envergadura pra facer visible a moitas millas o lume aceso, catro pedras a xeito abondarían.
 
Retornando a Donón, versión, desdoblamento de Danu/Danann/Donn/Don atopamos que ista deidade a cotío confúndese e identifícase con Brigantia/Brigit, así como que a polisemia de "facho" designa un promontorio rochoso, máis tamén o lume aceso, mellor e xeralmente no alto, pra alumear, guíar, etc.. Daquela o "Facho de Donón" ven sendo outro nome do que é o mesmiño: o "Faro de Brigantia". Ísto non debe extrañarnos tendo en conta que a costa galega foi toda ela antigamente o intersicio, o limiar do lugar onde situábase o país dos mortos, na inmensidade do océano no que as Illas dos Mortos, Sacras, dos Deuses, Afortunadas, Todopoderosos, Benaventurados, da Eterna Xuventude, os Mozos, as Mulleres, etc... se situan, o mesmo que o cristianismo situou o seu paraiso no Ceo inmenso: "Padre nuestro que estás en los Cielos...".
 
O sincretismo relixioso que conxuga o feito numinoso que rodea á sociedade cazadora-recolectora có da sociedade agricultora agóchase e mestúrase na asociación entre as deidades que partillan o día e a noite, a luz e a escuridade, sabedoría e iñorancia, etc. vencellados aos astros rei e raiña mitificados. Buar-ainech, pai de Balar na mitoloxía irlandesa, é deidade con cara de touro (solar) ou vaca (luar), i é bisabó do solar Lug que matou a Balar dunha pedrada (o sol), Lug é solar máis pola banda do seu abó é fomoriano. De Buar-ainech (Breogán) descenden mesmo deidades solares que luares.
 
Os fomorianos foron ocupar, sendo vencidos polo Tuatha de Danann, a illa dos Mortos. Máis logo virían dende a mesma illa os fillos de Miled o "Destructor vido do país dos Mortos", un deus da guerra, seica un aspecto do mesmo Breogán, pra derrotar aos mesmos Tuatha de Danann. Breogán é o primixenio ancestral antergo devanceiro mítico Pai dos galegos, e dos celtas en xeral. Ten cornos de touro mesmo que de vaca pois é solar o mesmo que luar, vencellado ao crepúsculo (e ao abrente, mencer polo tanto), o solpor onde escomenza e remata a xornada diaria, denantes de, como pai sol, na sua fase infernal, atravesalo inframundo pra rexurdir de novo polo leste.
 
Breogán é devanceiro de deuses solares e luares. Na sua "descenza" intervén o sincretismo das crenzas de xente agricultora cas de xentes inda cazadoras recolectoras que ollaron chegar por mar as novas tecnoloxías e ideas que revolucionarían o seu entorno. Abraiados por tal suceso, nas cafurnas, covas, fendas, etc. que son primixenio receptáculo do numinoso e do culto vencellado á terra Nai, deitarían ao longo da costa nistes "santuarios" milleiros de cunchas que lembran as naves daqueles homes-mariño de superior coñecemento, de meiga, divina sabedoría, A nave que os truxo converteuse en símbolo de "contedor de sabedoría" (simbolismo perpetuado na cuncha de vieira de Santiago) ao longo do noso litoral noroccidental con tantos lugares, dende a portuguesa Nojoes ata a asturiana Noela pasando pola galega Noia, cunha longa moi vella arraigada tradición vencellada ao patriarca bíblico Noé que fálanos das antergas paganas crenzas do numinoso e misterioso orixe do coñecemento truxido polo Home-mariño fundador da Gran Civilizazón Celto-Atlántico-Galaica que Platón teimará afundir como Atlántida prá literatura clásica helena.
 
Có seu orixe e xénese no noroccidente da Iberia forneceu unha gran cultura e civilizazón atlántico-indoeuropeia cuias ensinanzas e crenzas, entre tantas outras cousas, acadarían pobos máis orientáis. A rede de camiños astráis (solares e da vía láctea) con orixe e fin no N.O. da Hispania teceron parellamente outra rede de coñecementos que canalizaron a sua sabedoría candia e dende o N.O. facendo da Galiza o "Faro de Brigantia", Guía da Civilizazón Occidental, que, ca sua forza, altiveza, vigor, poder, sabedoría, brío, etc. alumeou ao resto da Europa á que, en parte, tamén celtizou.
 
Galiza é Céltica. O Promontorio Céltico é o Promontorio dos Celtas, como Celthair é, na mitoloxía helena, o seu pai. Galiza garda a máis vella memoria dos antergos dos celtas chegados polo mar tras atravesar a Costa da Morte, como homes-mariño, vidos dende as illas dos Mortos e Deuses onde, ao poñerse o sol, Breogán asoma os seus cornos de morte, rexerazón e vida. Encaramado no outo da sua torre terma do sol cós  cornos, tal como amosan as estelas funerarias atopadas na rúa Pontevedra de Vigo cun disco e unha crecente astráis.
 
O sol afúndese no alén inframundano, un Mundo Inferior non doado de diferenciar do Outro Mundo nas crenzas célticas. O Mundo Inferior ten como símbolo a torre xiratoria, muiño onde residen os deuses inframundanos e onde rexéranse os mortos e renacen os iniciados. A torre da illa do muiño, gardada por un xigante, do immram de Maelduine ten foces que engulen todo o escatimado no mundo.


 


(c) A.P.- Anfus.


....................................................


 


E atá aquí. As referencias máis importantes atopeinas basilarmente, ademáis de no maxistral artigo de André Pena e Alfredo Erias: " O ancestral camiño de peregrinación ó Fin do Mundo" , en "El ciclo mitolóxico irlandés y la mitoloxía celta"-H. Juvainvillae; "El libro de las Invasiones"-Ramón Sainero. "Los superviventes de la Atlántida."-J. Atienza; e "Monstruos, muertos y dioses oscuros."-J.L. Cardero López.


 

O ancestral camiño de Peregrinación ó Fin do Mundo. en:

Más informacióen en: http://www.celtiberia.net/articulo.asp?id=2907


No hay imágenes relacionadas.

Comentarios

Tijera Pulsa este icono si opinas que la información está fuera de lugar, no tiene rigor o es de nulo interés.
Tu único clic no la borarrá, pero contribuirá a que la sabiduría del grupo pueda funcionar correctamente.


    No hay más información.
    ...0

Si te registras como usuario, podrás añadir comentarios a este artículo.

Volver arriba