Autor: arenas
jueves, 15 de febrero de 2007
Sección: Artículos generales
Información publicada por: arenas


Mostrado 273.008 veces.


Ir a los comentarios

Noticias

A veces aparecen en periódicos y revistas noticias varias, descubrimientos, expolios, hallazgos casuales etc...que duran poco tanto en la prensa como aquí en Celtiberia y que cuando quieres ir a buscarlas ya no las encuentras.
Propongo que las metamos aquí con la fecha y el medio de donde procede y si hay fotos con fotos.
Voy a inaugurala con la noticia de los "esqueletos abrazados" sacada del periódico gratuito 20minutos.es

A veces aparecen en periódicos y revistas noticias varias, descubrimientos, expolios, hallazgos casuales etc...que duran poco tanto en la prensa como aquí en Celtiberia y que cuando quieres ir a buscarlas ya no las encuentras.
Propongo que las metamos aquí con la fecha y el medio de donde procede y si hay fotos con fotos.
Voy a inaugurarla con la noticia de los "esqueletos abrazados" sacada del periódico gratuito 20minutos.es


Hallan los restos de una pareja que llevaba abrazada más de 5.000 años
REUTERS. 07.02.2007 - 09:26h

La pareja sepultada abrazada cerca de Mantua, Italia (Enrico Pajello/Handout / Reuters)
Llámenlo el abrazo eterno. Arqueólogos italianos han descubierto una pareja sepultada de hace 5.000 a 6.000 años, abrazados.
"Es un caso extraordinario", dijo Elena Menotti, que lideró el equipo en su excavación cerca del norte de la ciudad de Mantua.
Es un caso extraordinario
"No se ha encontrado un sepelio doble del periodo Neolítico, mucho menos dos personas abrazadas - y ellos están realmente abrazados".
Menotti dijo que creía que los dos, casi con certeza un hombre y una mujer aunque esto último está por confirmar, murieron jóvenes porque sus dientes están en su mayoría intactos y sin desgastar.
"Debo decir que cuando lo encontramos, nos emocionamos mucho. He estado haciendo este trabajo durante 25 años. He realizado excavaciones en Pompeya, todos sitios famosos", dijo a Reuters.
Cuando lo encontramos, nos emocionamos mucho
"pero nunca he estado tan emocionada porque este es el descubrimiento de algo especial".
Un laboratorio intentará ahora determinar la edad de la pareja en el momento de su muerte y cuánto tiempo llevan enterrados.


-


No hay imágenes relacionadas.

Comentarios

Tijera Pulsa este icono si opinas que la información está fuera de lugar, no tiene rigor o es de nulo interés.
Tu único clic no la borarrá, pero contribuirá a que la sabiduría del grupo pueda funcionar correctamente.


  1. #1 patinho 27 de abr. 2007

    Miliarios de Redondela(Exatraídos de:http://www.ipdca.com/internovas/historias/miliarios/cuerpo_miliarios.htm)

    PARROQUIA DE CESANTES

    Nº 1.- NUMERARIO: Miliario dedicado a Marco Aurelio Numerario, emperador romano (282-284 d.C.)
    IMP .C.P.F
    NUMERI
    ANO
    INVICTO
    AVG.
    Imp(eratori) C(aesari) P(io) F(elice) / Numeri / Ano / Invvicto / Aug(usto) Ó Emperador César Numeriano, Pío, Feliz, Invicto, Augusto
    Dimensións:
    Alto 2,16 metros
    Circunferencia inferior: 1,55 m.
    Circunferencia central: 1,80 m.
    Cincunferencia superior: 1,97 m.
    Letras: 9 e 10 cm

    Foi atopado no Sobreiro "Fonte dos Frades", lugar moi próximo ó mar, no barrio de Outeiro das Penas e entregado á Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra por D. Maximino Cabaleiro en 1896.



    Nº 2.- ¿ ?, :
    Trozo inferior dun milairio, aínda sen catalogar nin estudiar.
    Dimensións:
    Alto 1,55 m
    Circunferencia: 1,70 m.
    Letras: non se aprecian (pendente de estudio)

    Foi localizado a case un metro de profundidade ó facer un pequeno desmonte na leira denominada O Sobreiro (inmediata á Fonte dos Frades) no ano 1975, cando foi adquirida esta propiedade polos señores Fernández Pérez, Groba Rodríguez e Pache Cabezas a D. Heinz Gerd Sauer (alemán, veciño de Vigo) mediante escritura pública do 4-7-1974. Anteriormente a esta data era unha soa propiedade de 12.000 metros dedicada a toxal e labradío. Na actualidade está dividida en tres parcelas.


    PARROQUIA DE QUINTELA

    Nº 3.- DECENCIO: Miliario dedicado a Decencio, césar romano (351 d.C.) Suicidouse en Sens, no ano 353 da era cristiá.
    D. N
    MAGNO
    DECENCIO
    CAESARI
    VICTORI.
    D(omino) N(ostro) / Magno / Decencio / Caesari / Victori… Ó Noso Gran Decencio, Victoria de César…
    Dimensións:
    Alto 0,8 metros
    Circunferencia : 1,13 m.
    Letras:12 cm

    O texto da inscrición sería máis extenso, pois apréciase que está unido a unha base de granito que non é a orixinal. Este miliario facía de soporte a unha mesa de pedra moi próxima á igrexa parroquial de San Mamede. Foi depositado na Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra polo cura párroco en 1896.
    Sobre este achago, Castelao manifesta que pertence á vía "per loca marítima" e foi utilizado como soporte dunha cruz antes de ser rescatado polo Museo da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, do que deducimos que se trata dun miliario cristianizado.
    Sampedro e Folgar sostén que puidese proceder dunha vía romana transversal á 1ª militar que enlazase esta coa que vai desde Tui a Caldelas, partindo de Padróns, na falda oriental do monte Saramagoso, e que empalmase en Redondela con aquela.


    PARROQUIA DE SAXAMONDE

    Nº 4.- ADRIANO: Miliario dedicado a Publio Elio Adriano, decimoquinto emperador romano, entre os anos 117 e o 138 da era cristiá.
    IMPCAESTRAIANO
    ADRIANO AV
    PONTIFMAX
    TRIBPOTEST II
    COS III PPAT
    MPXVII

    Imp(eratori) Caes(ari) Traiano / [H] adriano Au [g(usto)], Pontif(ici) Max(imo), Tri(bunicia) Postest(ate) [XVI] II, / Co(n)s(uli) III, P(atri) P(atriae). / [ A T(ude)] M(ilia) P(assuum) XVII.
    Dimensións:
    Alto 2,90 metros
    Circunferencia : 2,29 m.
    Letras:10 cm

    Este miliario está dividido en catro partes, cortadas de arriba a abaixo, que foron utilizadas como postes para parras. Dúas foron localizadas pola Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra en 1877 na propiedade coñecida como "Socalco de Viegadeira", barrio de Padrón, a uns 30 metros do camiño chamado "Estrada Vella". As outras dúas partes encontráronse na parroquia limítrofe de Quintela.


    PARROQUIA DE VILAR DE INFESTA

    Nº 4.- Miliario denominado "O Marco" ou "Anta de Maniola".: Miliario denominado "O Marco" ou "Anta de Maniola". Con esta última denonimación coñecíase na Idade Media polo nome do val que alí comeza. M. Piñeiro atribúello a Traxano ( século II da era cristiá)
    Dimensións:
    Alto 1,70 metros
    Circunferencia superior: 1,88 m.
    Circunferencia inferior: 1,93 m.
    Letras:non se aprecian

    Este miliario atópase aínda "in situ", a uns 70 metros da capela de Santiaguiño de Antas (Mos), antigo camiño real. Serve de deslinde entre o concello de Redondela e as parroquias de Louredo e Guizán do concello de Mos. A primitiva inscrición foi moi maltratada. Presúmese que os veciños e devotos ó non entenderen a lenda latina que posuía, converteron en cruces os trazos rectos das letras, facéndoas desaparecer. Este é outro caso peculiar de cristianización.
    O miliario en cuestión é obxecto de prácticas supersticiosas. Os veciños gárdanlle tanta fe que se santigan cando pasan ó lado del. Considerouse este miliario como dador de sorte, profiláctico e fonte de fecundidade. As mulleres estériles fregaban o ventre contra a pedra co obxecto de seren fértiles.
    En 1931 foi adquirido pola Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra. A pesar de que fixeron unha réplica para substituílo, no momento en que os señores Sampedro Folgar, Filgueira Valverde, Novas e o gobernador civil D. Angel del Castillo intentaron permutalo para levar o orixinal ó museo, os veciños fixeronlle fronte, manifestando que "o Marco non se movía de alí". De nos ser polo primeiros, a garda civil tería cargado contra os veciños. O señor Sampedro manifestou entón que "ben está, sigan defendendo a pedra e non deixen que a leve calquera mercachifle". Alí quedaron o miliario verdadeiro e a réplica.
    Na actualidade atópase nun notable estado de abandono. Esperamos que as autoridades locais e provinciais tomén interese no asunto e protexan o miliario, pois trátase dunha valiosa reliquia do pasado que ben merece ser conservado e adecentado.


  2. Hay 1 comentarios.
    1

Si te registras como usuario, podrás añadir comentarios a este artículo.

Volver arriba