Autor: El Periódico Extremadura
miércoles, 26 de abril de 2006
Sección: Artículos generales
Información publicada por: Ibor


Mostrado 107.591 veces.


Ir a los comentarios

POLEMICA SOBRE EL ORIGEN DEL HABLA CACEREÑA DE VAL DE XÁLIMA

-


La Junta y el BNG se enfrentan por ´La Fala´

El Ejecutivo regional tacha de "aprendices de brujos" a los nacionalistas

La reclamación por parte del Bloque Nacionalista Galego (BNG) de "medidas y políticas concretas" para defender el gallego que se habla, en su opinión, en los municipios cacereños de Erjas, Valverde del Fresno y San Martín de Trevejo, ha motivado la reacción de la Junta de Extremadura. El Ejecutivo regional ha recordado que en esa zona no se habla gallego, sino un dialecto derivado del tronco común del galaico portugués, con adherencias asturleonesas, resaltando la "magnífica salud" que goza este habla conocido como ´La Fala´.

El Gobierno extremeño expresó su confianza en que la Xunta de Galicia "desoirá los torpes cantos de sirena de estos aprendices de brujo con los que les ha tocado gobernar esa tierra hermana" y lamentó que "pierda el tiempo con tales fantochadas", unas declaraciones que han encendido las iras del BNG.

La vicepresidencia de la Xunta (en poder del BNG), que ostenta Anxo Quintana, señala que "se ha faltado gravemente al respeto del Gobierno gallego y a su presidente" y exige a Ibarra "disculpas a todos los gallegos".



-


Más informacióen en: http://www.elperiodicoextremadura.com/noticias/noticia.asp?pkid=234697


No hay imágenes relacionadas.

Comentarios

Tijera Pulsa este icono si opinas que la información está fuera de lugar, no tiene rigor o es de nulo interés.
Tu único clic no la borarrá, pero contribuirá a que la sabiduría del grupo pueda funcionar correctamente.


  1. #1 Amerginh 04 de mayo de 2006

    BIBLIOGRAFÍA ESENCIAL:

    Carrasco González, J.M. (1996 e 1997): "Hablas y dialectos portugueses o galaico-portugueses en Extremadura. Parte I: Grupos dialectales. Clasificación de las hablas de Jálama", en Anuario de Estudios Filológicos 19, Universidad de Extremadura, 135-148, e "Parte II y última: Otras hablas fronterizas. Conclusiones", en Anuario de Estudios Filológicos 20, 61-79.

    Cintra, L.F. Lindley (1974): "A linguagem dos foros e o galego-português de Xalma", en Estudos de linguística portuguesa e românica I, Coimbra, 508-537.

    Costas González, X.H. (2000): "Aspectos sociolingüísticos das falas do Val do Río Ellas (Cáceres)", en A. Salvador Plans, M.D. García Oliva e J. Carrasco González (eds.): Actas del I Congreso sobre A Fala. Mérida: Editora Regional Extremeña, 93-106.

    Fernández Rei, F. (2000): "As falas de Xálima e a súa relación coa lingua galega", en A. Salvador Plans, M.D. García Oliva e J. Carrasco González (eds.): Actas del I Congreso sobre A Fala. Mérida: Editora Regional Extremeña, 107-140.

    Gargallo Gil, J.E. (1999): Las hablas de San Martín de Trevejo, Eljas y Valverde del Fresno. Trilogía de los tres lugares. Col. Estudios y Documentos sobre A Fala, t. I. Mérida: Junta de Extremadura.

    González Salgado, J.A. (2000): Cartografía lingüística de Extremadura. Origen y distribución del léxico extremeño, tese de doutoramento inédita lida na Facultad de Filología de la Universidad Complutense de Madrid o 18/10/00. Con 418 mapas lingüísticos e etnográficos

    Gutiérrez Tuñón, M. et alii (1998): Atlas lingüístico de El Bierzo. Ponferrada: IEB.
    Maia, C. de Azevedo (1977): Os falares fronteiriços do concelho de Sabugal e da vizinha região de Xalima e Alamedilla. Suplemento IV da Revista de Filologia Portuguesa. Coimbra.

    Maia, C. de Azevedo (2000): "Os dialectos de Xalima: problemática e perspectivas de pesquisa", en A. Salvador Plans, M.D. García Oliva e J. Carrasco González (eds.): Actas del I Congreso sobre A Fala, 75-92.

    Martín Galindo, J.L. (1999): A Fala de Xálima. O falar fronteirizo de Eljas, San Martín de Trevejo y Valverde. Estudios y documentos sobre A Fala II. Mérida: Junta de Extremadura.

    Rey Yelmo, J.C. (1999): A fala. La fala de San Martín de Trevejo: O Mañegu. Estudios y documentos sobre A Fala III, Mérida: Junta de Extremadura.

    Rodríguez Guerra, A. (1996): "Achegamento á sintaxe dos falares mañego, lagarteiro e valverdeiro", en I Congreso Internacional da Lingua Galega, Santiago, setembro de 96 [en prensa].

    Vasconcellos, J. Leite de (1927): "Linguagem de San Martin de Trebejo", Lusitana, XXVI, pp. 247-259.

    Vasconcellos, J. Leite de (1933): "Portugues dialectal da regiao de Xalma (Hespanha)", Lusitana, XXXI, pp. 164-275.

    Viudas Camarasa, A. (1982): "Un habla de transición: El dialecto de San Martín de Trevejo", en Lletres Asturianes 4, 55-71

    http://webs.uvigo.es/h03/webh03/3ciclo/falas_galegas.htm

    Ala, a buscarlos y a leer!!!!!

  2. #2 Amerginh 05 de mayo de 2006

    Un articulillo más que he encontrado:

    http://es.geocities.com/alendoval/Costas-lexicofronteira.htm
    ______________________________

    Léxico e fronteira no Val do Río Ellas
    XOSÉ HENRIQUE COSTAS GONZÁLEZ
    Universidade de Vigo

    1.- Breve introducción histórica.

    Nos séculos XII e XIII chamábaselle Extremadura á maior parte da actual provincia de Salamanca e á denominada Transerra leonesa que os monarcas do reino de Galicia, León e Asturias lles ían conquistando ós reinos musulmáns. O rei Afonso VII Fernández de Galicia, León e Asturias, estabilizou a fronteira meridional do seu reino no río Texo contra o ano 1188 e procedeu a fortificar e colonizar estas terras para perpetua-la conquista.

    As ordes de Santiago (fundada posiblemente no mosteiro de Loio en Lugo) e Alcántara (ata 1214 denominada de San Xián do Pereiro) foron as encargadas de efectiviza-la repoboación. A Orde de Santiago, na súa “provincia de León” posuía vicarías en Destriana (León), A Veiga e Vilar de Santos (Ourense) e Porto (Zamora). Destes lugares e dos seus arredores tomou os colonos, é decer, de tres zonas galefófonas e unha leonesófona.

    Fernando II (1157-1188) conquistáralles algunhas atalaias no Val do Ellas ós árabes pero nunca chegara a establecer colonias. O seu fillo Afonso VIII mándalle construír no 1227 o castelo e vila de Salvaleón (Valverde) á Orde do Pereiro e concédelle a repoboación de vilas e aldeas á Orde de Santiago. No 1298 temos noticias xa do castelo das Ellas.

    Afonso VIII fixo enviar colonos a repoboaren as terras defendidas por numerosos castelos non só na Transerra senón tamén en Sabugal e Riba-Coa, para estabiliza-la fronteira co reino portugués. No ano 1297 polo tratado de Alcanizas, Portugal e Castela trocaron Sabugal e Riba-Coa por Toroño e Aliste.

    O historiador Ángel Barrios, utilizando o método toponímico-comparativo, chega á conclusión de que o 80% dos microtopónimos da zona de Ledesma e A Cidai (Ciudad Rodrigo) son “occidentais” (galegos ou leoneses de Occidente). Lindley Cintra opina o mesmo da zona de Sabugal e Ribacoa. No campo de Salamanca a microtoponimia de orixe galega chega a representar un 40-55% do total dos topónimos.

    2.- As variedades lingüísticas nestas zonas.

    Hoxe en Sabugal e Riba-Coa emprégase un portugués dialectal de tipo beirao, no suroeste de Salamanca e noroeste de Cáceres a variedade lingüística empregada é un castelán dialectal con moitísimos restos (fonéticos, morfolóxicos e léxicos) do antigo leonés presente nestas áreas, e mesmo con algúns galeguismos léxicos.

    Sen embargo a variedade lingüística empregada no Val do Río Ellas é “galega” en sentido amplo e histórico, aínda que con presencia de léxico de orixe leonesa e castelá (recente).

    Temos dito en diversos foros que, na nosa opinión, o léxico do Val do Ellas presenta, en xeral, un forte compoñente arcaizante, unhas evolucións semánticas senlleiras e, sobre todo, amósasenos como unha maqueta da variedade léxica dialectal galega.

    Con esta contribución pretendemos achegar algúns exemplos da singularidade léxica do Ellas, da súa forte conexión coas falas galegas, da súa sorprendente diversidade interna e do seu diferencialismo fronte ás falas veciñas portuguesas e castelás.



    3.- O material léxico.

    Para o Val do Ellas utilizamos materiais de noso recollidos en falantes das vilas de Valverde, As Ellas e San Martiño, así como na aldea do Carballal, no concello de Valverde, o núcleo habitado máis próximo da fronteira portuguesa, así como da aldea portuguesa das Aranhas, o núcleo máis próximo ó Carballal, do que dista uns 20 km.

    Para as zonas castelás limítrofes botamos man dos traballos de Iglesias Ovejero (El Rebollar) e Cummins (Coria). Para as zonas portuguesas veciñas seguímo-los traballos de Maia (Sabugal e Riba-Coa) e Buescu (Monsanto).

    * * *

    [Os mapas aínda non están dispoñibles. En breve esperamos ter todo completo. Gracias]

    Mapa 1. MU e MÚA
    Son as únicas formas vivas no val (do latín
    Mapa 2. DONICELA

    No Ellas coexiste a forma base, dona, con dous derivados: doniña e donicela, todas tres tamén en Galicia. No Sabugal predomina doniña e en Monsanto donezinha. Na zona de fala castelá ou castelá-aleonesada veciña hai diversas formas pero ningunha delas ten como base *dueña.

    Mapa 3. VAGALUME
    No Ellas rexistramos como base a forma coco (verme), ó igual que temos no Bierzo, en Valdeorras e algún punto de Trás-Os-Montes. No Sabugal hai variedade (pirilampo, pastorzinho, bicho de...) e en Monsanto rexístrase unha variante da forma común e maioritaria portuguesa (arancú): arancún ou arencún. Noutros puntos de fala portuguesa de Badallouce tamén se rexistra, á parte de arencún, luzencú, como en puntos galegos.

    Mapa 4. SALTÓN
    As formas do Ellas (cigañote, zaguñote) veñen coincidir coas portuguesas (gafanhoto, cafanhote), agás na forma saltón, común co galego, con falas castelás veciñas e con falas portuguesas de Badallouce. A etimoloxía destas formas é moi discutida.

    Mapa 5. BOLBORETA
    Dáse maior variedade no portugués veciño, con vocábulos formados sobre passaro (passaroula) ou sobre mari ou maría + loisa, loira, poisa. Esta última é tamén a forma autóctona do Ellas, formada con María e o verbo poisar, galego pousar. Corominas explica estas creacións por formación infantil. A forma castelá correspondente, mari-posa, tamén ten entrada no val.

    Mapa 6. BUBELA
    Mentres que o castelán e o portugués presentan cadansúa única forma (abubilla e poupa) o valego do Ellas ten unha rica variedade: popa (con monotongación, ¿do latín UPUPA?), común co poupa do galego do sur de Pontevedra e do portugués; galo do campo (galo de campina nalgún punto do mediodía portugués) e bubela (
    Mapa 7. XÍLGARO

    Encontrámonos cunha perfecta división entre o veciño portugués pintassilgo (con algunha outra variante), valego xilgueiro e castelán jilguero. En galego, á parte do común xílgaro ou xilgueiro, tamén hai pintasilgo e xilgo.

    Mapa 8. CARBALLO
    O portugués desta zona só coñece carvalho (en Mosanto alvarinho é o carballo albar), mentres que no Ellas carballo e rebolo son sinónimos (cos topónimos O Rebolar e O Carballal), e na comarca salmantina de El Rebollar o castelán roble gáñalle terreo ó autóctono rebollo. En El Rebollar non se usan os leonesismos carballo ou carbajo. O valego do Ellas fai sinónimos dous termos que teñen en Galicia distribución dialectal (rebolo no leste e sueste do noso dominio lingüístico).

    Mapa 9. FROUMA

    O portugués da zona usa carumba (común caruma ou agulha) para a folla do piñeiro, mentres que no valego do Ellas danse as variantes muíña (rexistrada na Pobra de Brollón e en Vila de Cruces) e muña (rexistrada tamén nas localidades ourensás de Rubiá e Larouco). Muíña en galego son os residuos miúdos da palla que quedan despois de debulla-los cereais e é voz formada sobre moer. O castelán veciño coñece unicamente a forma aguja de pino.

    Mapa 10. MIGRÁ
    Tanto o valego coma algunhas falas de Sabugal e Monsanto, como ocorre con algunhas falas de Trás-Os-Montes, teñen formas derivadas de MILE GRANATA, en troques do latín común MELA GRANATA: migrá nas Ellas, migrada en Sabugal e merigrada en Monsanto, testemuñadas xa no galego medieval. No resto do portugués danse as formas romá e romazeira, romêra e romanêra. Na parte castelá achamos graná e granau/granado para a árbore.

    Mapa 11. CERDEIRA

    Media Galicia di cerdeira (forma máis antiga) e a outra media cereixeira (formada sobre cereixa). No Ellas teñen as dúas formas. No portugués cerdeira só é forma coñecida en puntos do norte de Trás-Os-Montes, e é forma descoñecida no portugués da Beira. O castelán veciño coñece as formas cerezo ou ceredo. Ó igual que viamos anteriormente coas formas rebolo/carballo, neste caso as dúas formas galegas seguen plenamente vivas no Ellas.

    Mapa 12. FIEITO

    O portugués común coñece a forma feto, aínda que existan puntos do norte onde se emprega feito. No Ellas coexisten as formas fieito e fito. No castelán dialectal veciño emprégase jelecho.

    Mapa 13. FILLOA / MAGOSTO
    É importante sobrancea-lo arcaísmo folló (< FOLIOLA) que rexistramos no Ellas. No portugués veciño témo-la forma filhó, cun plural filhoses que tamén encontramos en Galicia en áreas onde -ÓA > -Ò.

    O magosto ten aquí lexema de seu, porque se fai botando as castañas directamente nas cinsas, na borralla, de aí a borrallá. A forma magusto é a propia portuguesa e, parcialmente, tamén galega. No castelán veciño o lexema base é castaña.

    Mapa 14. AFORRAR / LUXAR-LIXAR / ARRANCAR

    A forma estoxar fórmase sobre estoxo (
    Mapa 15. ANINOVO, XOVES, MÉRCOLES
    Os días da semana teñen as formas pagás tan ben conservadas no galego exterior e tan perdidas no galego popular. En valverdeiro jovis, en lagarteiro ijovis e en mañego jovis. Sorprende de novo a forma diferencial galega Aninovo fronte a Ano Bom ou Año Nuevo.

    Mapa 16. TRONO
    Atopamos agora na fala do Ellas outros dous arcaísmos: o atró (< TRONO) e atroar ou troar (< TONARE + Trónitus), en galego común trono e tronar. Estas formas galegas, con –n-, poden non ser castelanismos: sobre tron (
    Mapa 17. CHUVISCA

    No val dáse o verbo molisnar, relacionado directamente co castelán da zona molliznar e o sabugaleiro molinhar. Supomos que se debe tratar dun derivado sobre mole, porque é unha choiva “branda”, ó igual que topamos en Elvas a forma brandinha para lle chamar á poalla. É posible que a terminación sexa un cruce co castelán llovisnar. En Vale de Espinho tamén concorren outras formas.

    Mapa 18. BALLÓN
    No val temos multiplicidade de formas, pero ningunha ten como base a forma agua (como ocorre en portugués e en castelán: aguaceiro, aguacero,...). Á parte de batigón (SMT) e bátiga en Sabugal (galego bategada, formado sobre bater), témo-lo castelanismo chaparrón, e tres formas autóctonas co sufixo –ada (golpe): garabaná en Valverde (un garabano é un caldeiro en puntos do norte de Trás-Os-Montes; nos diccionarios galegos só topamos no de D. Eladio garabano co sentido de aguador), o significado é claro “caldeirada (de auga)”; chumbá en SMT, porque cae a auga a chumbo, unha “chumbada (de auga)”, e por último temos chorrá nas Ellas, unha “enxurrada (de auga)” (en portugués de Badallouce: aguacero, aguacerada, enxurrada, pancada, porrada de auga, e tamén chaparrao).

    Mapa 19. UTENSILIOS E PARTES DA CASA
    En portugués rexistramos artesa ou gamelón en portugués para o que é tamén artesa en galego e castelán. No Ellas témo-la forma maseira que, tanto en galego coma en portugués, rexistra significados diferentes a este.

    O castelanismo cubo penetra no val, sobre todo cando fai referencia a un caldeiro plástico. Balde, tamén portugués e castelán, é coñecido pero non usado, percíbese como forma foránea.

    O castelanismo cerilha predomina sobre paulito, palito ou fosfro en portugués, pero no Ellas a forma é misto, coincidente co galego e con zonas do leonés. Chama a atención que a denominación dun invento relativamente recente resista vivísima fronte á forma cerilla do castelán e do portugués.

    Do latín TABULA temos en galego dous resultados: traba (e variantes) e táboa. A forma trave rexístrase unicamente en Monsanto e As Aranhas, mentres que a forma normal do portugués veciño é tábua.. No Ellas temos traba (como nebra = leste de Lugo) e un derivado de táboa: tabica.

    A forma castelá ventana penetra en Sabugal e compite coa forma lexítima portuguesa janela, pero no Ellas a forma única é ventán (pl. ventáns en valverdeiro e ventás en mañego e lagarteiro).

    ano 2002, Asociación Cultural Alén do Val

  3. Hay 2 comentarios.
    1

Si te registras como usuario, podrás añadir comentarios a este artículo.

Volver arriba