Autor: lucusaugusti
jueves, 16 de junio de 2005
Sección: Arqueológicas
Información publicada por: lucusaugusti
Mostrado 9.920 veces.


Ir a los comentarios

Arde Lucus.Tres jornadas de fiesta para quemar la ciudad a lo romano

Lugo acollerá ducias de actos romanos entre o 24 e o 26 de xuño na Festa Arde Lucus

Lugo volverá recrear a vida no imperio romano do 24 ó 26 de xuño, na cuarta edición da xa consolidada Festa romana Arde Lucus.

Unha das celebracións máis importantes deste ano será o campamento romano, situado na explanada que hai ó carón do canil, próximo á rúa Montevideo. OFrecerá unha recreación da vida militar romana e estará perFectamente ambientado. Acollerá adestramentos con armas romanas, actividades de entretemento, instrucción de lexionarios en latín, desFile de bigas, etc.

Outra novidade é o circo romano. Tendo en conta que a tradicional loita de gladiadores -que sempre se celebrou na Praza de Santa María- sobrepasou os límites do espazo, a Concellería apostou por abrir un circo romano na explanada do Seminario Maior, lindante coa rúa Dinán. No circo, o público verá probas de destreza a cabalo, tiro de diana, saltos con lume, loitas de gladiadores escoltados por lexionarios romanos, carreira de bigas, etc.

O nomeamento "Civis Honoris Luci Augusti" premiará a unha personalidade que contribuiu á potenciar a cidade e o pasado romano. Esta é outra das novidades do programa 2005.

Outras actividades incluídas son: a bacanal romana -realizada todos os anos pola Asociación Alas-, concertos gratuítos na rúa, obras de teatro, a exhibición de bigas e cuádrigas -que nesta ocasión non será na Praza Maior, senón na Avenida de Ramón Ferreiro, un lugar moito máis amplo-, a cea romana -que terá lugar en Santo Domingo o sábado ás nove e media da noite e ten un prezo de 15 euros-, as vodas e bautizos romanos -con moita aceptación ano tras ano na Praza do Campo-, queima da Fachada da Catedral, venda de escravos -un espectáculo interactivo co público e grandes sorpresas-, mercado romano, etc.

A Concelleira de Xuventude explicou que os interesados en adquirir a entrada para a cea romana teñen que dirixirse á Asociación de Hostalería (no número 15 da rúa Ramón Montenegro) ou ó restaurante Porta Santiago. O menú inclúe: mexilóns, polo campeiro con pasas e Froitas variadas.

Rosana Rielo anima ós lucenses a participar nos obradoiros de traxes e complementos romanos. O Concello oFrece gratuitamente o material para conFeccionalos. Os obradoiros están abertos ata a celebración da Festa. Os interesados só teñen que achegarse á OFicina de InFormación Xuvenil (OIX), na terceira planta do centro social Uxío Novoneyra, ou ben chamar ó número 982 28 48 14.

O número de voluntarios indica a expectación que está a suscitar a Festa romana. A día de hoxe hai 600 voluntarios dispostos a colaborar no Arde Lucus. Onte, 15 de xuño, anotáronse case cen persoas na OIX, mentres que o ano pasado contabilizáronse un total de 300 voluntarios.

ACHÉGATE ATA O NOSO CAMPAMENTO ROMANO

No campamento poderase gozar de:
Chegada de distintos personaxes ó campamento.
Ensaios a cabalo entre os gladiadores
Adestramentos con armas romanas: espadas, tridentes, redes, escudos, hachas…
Actividades varias de adestramento: escola de armas, instrución dos lexionarios e outros exercicios de adestramento romano.
En distintos momentos do día, unha biga sairá polas rúas a dar un paseo coa súa auriga.
En distintos momentos do día, un grupo de 4 lexionarios, alternándose cos gladiadores e biga, pasearán pola zona Facendo a instrución militar en latín.

Tamén podes descargar e imprimir o programa de mán, para levalo contigo e non perderte nada:
Programa Arde Lucus 2005
http://ardelucus.lugo.es

Más informacióen en: http://ardelucus.lugo.es/


No hay imágenes relacionadas.

Comentarios

Tijera Pulsa este icono si opinas que la información está fuera de lugar, no tiene rigor o es de nulo interés.
Tu único clic no la borarrá, pero contribuirá a que la sabiduría del grupo pueda funcionar correctamente.


    No hay más información.
    ...0

Si te registras como usuario, podrás añadir comentarios a este artículo.

Volver arriba